Mostrando entradas con la etiqueta encoros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta encoros. Mostrar todas las entradas

10 oct 2014

Os encoros e a paisaxe


http://pictures2.todocoleccion.net/fot/2008/08/21/9849967.jpg

Lendo a moi pertinente entrada de Gabriela sobre as centrais hidroeléctricas non poiden evitar lembrarme da miña infancia en terra de encoros masivos. O río do meu pobo, o SIL ostenta o triste record de ser o mais embalsado de Galicia. De feito, ao carón da miña casa, estaban as oficinas principais da empresa "Saltos del Sil", dende 1983 propiedade de Iberdrola. A construcción de encoros e pantanos foi unha das bazas propagandísticas do franquismo. Cada vez que se inauguraba un encoro no río, o Xeneral Franco viña como invitado especial e apretaba o botón da central; días mais tarde os españois vian o acto de inauguración no NO-DO que se proxectaba obrigatoriamente en todos os cinemas de España antes da película. Como por exemplo neste de Sto Estebo en 1956 ou Belesar en 1963:
A cuestión que deberíades prantexarvos é para quén e por qué se construían os encoros? Moitos pobos ao carón das centrais seguían sen luz eléctrica por esas datas, mentres que a enerxía producida ia para fora de Galicia. E no proceso pobos e vales fertiles quedaban anegados para sempre. E a paisaxe, os ríos, as augas, a fauna, os soutos, a pesca, as xentes... sufriron unha agresión permanente no tempo que chega ata hoxe. O tema dos encoros en Galicia é un tema casi infinito e aínda moi vivo. Sae en novelas, poemas, fotografías, cancións, filmes e documentos de todo tipo. Podedes acadar moitas historias humanas e puntos de vista na rede.  Ai quédavos outro video sobre un pobo asolagado en Ourense en 1958: