9 oct 2014

Tempo

Galicia é sobre todo.... tempo. Así o pensa o creador Manuel Valcarcel, enxergado nun fascinante proxecto visual, que responde exactamente aos obxectivos do noso tema deste mes. Sabedes onde queda O Courel? (a 15 km de onde nacín eu). Botádelle un ollo a este teaser promocional de 2 minutos, que ten unha pintaza.....O resultado final será un extraordinario documental de 60 minutos. Este é o punto de partida: "Hai 340 millóns de anos, no Courel, aconteceu algo extraordinario: da grande colisión de dúas placas continentais, naceu Galicia. Hoxe, esta paisaxe única, cun patrimonio cultural e xeolóxico de interese mundial, vese ameazada: Abandono, megaminaría e espolio forestal devastan este ecosistema".
Como podredes apreciar sobran as palabras..  Pódense escribir entradas só con imaxes...sen cortapegar palabras alleas.

5 oct 2014

Enerxía para comezar a semana

Non sei si coñecedes a Sés. Adoro a súa enerxía, bravura, frescura e liberdade. Para mín representa á "Galicia bonita", ou polo menos sería moito mais auténtica se houbera 1000 Sés entre nós. Veña ho...collede "carrerilla" para a dura semana. E a letra non ten desperdicio para @s que frecuentades este blog: "Eu nin podo nin quero nin debo volverme fiar da cultura da media verdade, da estafa legal. Eu xa corto e deserto, e me aparto de toda moral, que aprendín moito máis cuestionando o saber popular"


3 oct 2014

Outro "Viaje por Galicia" en 1958

De novo propóñovos que miredes outra película sobre Galicia. Tranquil@s, nesta ocasión é sonora e  con cores moi bonitas. Foi rodada 30 anos despois da que puxemos o outro día, entre 1953 e 1958,  na Galicia que coñeceron os vosos pais. Tamén neste caso teño certa implicación persoal, porque este filme  localiceino en Buenos Aires e trouxeno no avión de volta a Galicia en 1990, cedido persoalmente polo seu autor, Manuel Aris.  Se analizarades polo miudo as dúas películas, notaríades certos cambios, ainda moi cativos. Pero comparadea coa Galicia contemporánea, e xa veredes cómo mudou o noso pais nestes últimos 56 anos. O mesmo que comentei a proposito da peli do 29: Poderíades descargala e manipular estas imaxes con outras do presente facendo un remix.  Que vos preste a viaxe.

O punto de vista

Seguimos insistindo na importancia do punto de vista para entender as mensaxes que nos chegan todos os días. Só tes que comparar estos dous videos. No primeiro,  Ferrol semella unha maravilla TOTAL


Sen embargo no segundo achégamonos a outro Ferrol que provoca exactamente o contrario.

1 oct 2014

"Un viaje por Galicia" en 1929

Aquí tedes a copia completa dunha película rodada na Galicia de 1929: "Un Viaje por Galicia", na que tiven a honra de participar na súa restauración aló por 1990. Representa a meirande colección de imaxes do noso pais antes da guerra civil. Practicamente é coma unha viaxe no tempo. Comeza na provincia de Lugo, mais logo podemos ver Coruña, Pontevedra e Ourense. Por suposto tamén sae Ferrolterra. Fixádevos nos cambios da paisaxe no devalar do tempo e comparade coa época actual. Mirade cómo mudou Galicia nos últimos 84 anos, casi cando naceron os vosos avós. Poderíades descargala e manipular estas imaxes xogando coa actualidade. Só é unha idea entre as moitas coas que poderíades traballar con este material de primeira. Teño na casa o film en DVD se alguén ten interés. Que vos preste, e boa viaxe no tempo..



A mirada de Tizón

Como tod@s sabedes, o vernes visítanos o grandísimo fotógrafo Gabriel Tizón. 
Non é preciso lembrarvos a súa extraordinaria traxectoria como observador da realidade, tanto galega como internacional. Os interesados tedes na súa completísima web a información que acredita unha vida detrás do obxectivo fotográfico. Gabriel ven a falarnos da "mirada necesaria" para que descubramos no mundo que nos rodea non só a beleza e a poesía, senon tamén a mentira, a inxustiza e a desigualdade de tantos homes e mulleres do planeta.

Web de Gabriel Tizon
Facebook de Gabriel Tizón


Esa Galicia TAN bonita


Nas vosas opinións sobre Galicia, case tod@s insistichedes na imaxe idealizada, da "fermosura" de Galicia, nos verdes interminabeis da paisaxe e o seu carácter case de "paraíso natural". Sen embargo, algúns datos poden poñer en custión isa creenza fortemente asentada entre vos: as explotacións mineiras, a deforestación, o cambio climático, as eólicas, as infraestructuras, o feismo, a despoboación rural, a caída demográfica,... etc... Hai numerosos datos que ao mellor nos obrigan a repensar cómo será Galicia dentro de 25 anos...
Para axudar, aquí tedes un mapa interactivo das ameazas á vosa imaxe bucólica do pais "verde e bonito". Si queres ver o mapa perfecto , descarga aquí o mapa en gran calidade: Descarga aquí a infografía (.pdf).  
Logo amplia o gráfico para "navegar" por hiperenlaces  ou ligazóns que de seguro te permitirán coñecer a realidade socioambiental de Galicia. Dádelle unha "volta" e mirade o que pode acontecer a curto prazo nese pais tan fermoso do que falades. Acostumadevos a afinar a mirada para ver mais aló do que se aprecia a simple vista. Lembrade, cada un terá que facer catro achegamentos a esta cuestión. Podedes utilizar a información pura e dura, mais tamén a fotografía, o video, ou calquera outro soporte que consideredes de interés. O único importante e que reflicten puntos de vista persoais. Os temas son case infinitos, mais se estades atrancados, xa sabedes onde estou para botar un cabo.
E para vexades as posibilidades ai tedes unha versión que ao mellor vos presta mais: o tema "Profecia" do bizarro grupo de hip-hop galego "Dios Ke te crew"