11 mar 2015

50 GRADOS Á SOMBRA

Tras o éxito da película americana de 50 sombras de Grey, unha parexa de galegos crean unha parodia do seu trailer que pensó que está moi ben e cinguese á perfección do trailer verdadeiro.
Éste tpódese ver na Voz de Galicia pero deixó aquí o verdadeiro e podedes ver o outro no último enlace, espero que vos guste :)


Trailer de 50 grados á sombra


Novas varias

Hoxe a edición do xornal foi especialmente interesante, xa que por un lado destaca a relevancia que está tendo a famosa serie "Serramoura", e na sección local fai unha mención cara os mártires de Bazán. Deixovos os enlaces para que yes votedes unha ollada. Nova1, Nova2

ETERNIA

Nas clases, sempre estamos a falar de ser creativos e de que con poco, se pode facer moito. Pois este é o caso da miña entrada.

Eternia é unha pelicula que está rodada nin máis nin menos que en Narón. Trata sobre unha tribu Galaica que se enfrenta a entrada das tropas romanas (no ano 53 a.c).
Non contou ni con un gran presuposto ni con grandes actores, de feito está rodada en Campa Castexa de Sedes, La pena molexa de o val o La costa Ártabra, localizacións naronesas.
Para todos os interesados , a entrada é gratuita e se estrena este venres no Pazo da cultura de Narón as 20:00.

26 feb 2015

que es esto?

http://blogs.periodistadigital.com/bokabulario.php/2014/04/25/franco-de-nuevo-un-rojo-protegio-a-la-re

17 feb 2015

Revoltas e rebelións

Esta mañá saía no xornal un novo episodio de revindicacións. Dito episodio concorda co tema de "Galicia Rebelde". Seguro que todos vosotros estades ao tanto da penosa situación dos astilleiros ferrolans. A min persoalmente, avergónzame como os dirixentes mostran tanto pasotismo e incapacidade para manter unha carga de traballo estable... En fin, deixovos a noticia para que saquedes as vosas propias conclusións.


5 feb 2015

Cora Novoa

Con todo, estase  facendo unha semana dura con tantos exames polo que creo que é necesario alegrarse un pouco e relaxarse  dentro de tanto estrés.Aquí deixovos unha compositora galega de música electrónica, que está tendo un gran éxito, Cora Novoa.



4 feb 2015

Poesía semanal

Gustaríame compartir con vós un dos meus poemas favoritos en galego de todos os que teño lido. É de Celso Emilio Ferreiro e nel fala sobre a súa muller, encántame o modo no que transmite o amor por ela.
Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a esperanza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.

Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.

Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.

Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.