A miña entrada da fin de semana para desexarvos un bó Samain é o éxitoso (360 000 visionados) e peculiar clip coa versión
Gangnam "Style Galego" de Dani Moreiras, para que riades un rato. Viva o "Galice rural style"!!!
E si vos molou, aí vai o hit da mesma xente: "A Bertolina" -con 1.400.000 visionados- megasuperdivertida, gravada en Taboada (Lugo)..Para ver si vos xurden ideas..
E se ainda tedes ganas de mais, pois dalle ao Ferti Mon, versionando Wrecking Ball de Miley Cyrus
31 oct 2014
Style Galego
Pensamentos dos nosos pequenos
Buscando e buscanto, atopei un video que deixoume sorprendida da opinión dos nosos pequenos, teñen a opinión mais clara que algún dos maiores, encantoume que sexan tan claros e tan seguros de todo o que din, aqui os deixo o video e comentade cál é o voso punto de vista.
Eu teño completamente a mesma opinión que eles, teñen a razón en todo o que din.Un bico
Eu teño completamente a mesma opinión que eles, teñen a razón en todo o que din.Un bico
29 oct 2014
Qué escribo?
É a pregunta reiterada que facedes unha e outra vez. Xa falamos desto en clase dabondo. O pánico diante da folla en branco. Qué escribo?, qué fotografio?, qué filmo?.....Adicado aos que pensades que non tedes nada que aportar e dubidades da vosa capacidade creativa. Todos tedes algo co que traballar se escoitades ao voso corazón e vos lanzades sen medo á piscina. Como neste relato, eu insisto "No tienes más que hacer una pequeña marca y observar a donde te lleva", porque "todos vos sodes capit@ns.."
Baloncesto feminino
Eu tamén quería poñer a miña miguiña no noso blog, todos puxestes música ou noticias interesantes e que os chamaron a atención. Non quería que remtara o curso sen que soubésedes que no equipo no que xogo, o Universiatrio de Ferrol está en Liga1, é dicir a máxima categoría que pode alcanazar un equipo feminino.
Normalmente soen xogar os sábados,e é todo un espectáculo digno de ver, convídovos a que os acerquedes e animédes como os que máis.
Normalmente soen xogar os sábados,e é todo un espectáculo digno de ver, convídovos a que os acerquedes e animédes como os que máis.
Museo do mar
O Museo do Mar de Galicia está emplazado na vella fábrica de conservas Alcabre-Molino de Viento (1887) en Vigo.
Este é unha mezcla de vangarda e tradición,e o forman 5 naves e un porto no cal puxeron un acuario e un faro.
Deixovos unha imaxe dunha das naves para que vos vaiades facendo unha idea do bonito que é ...
O tema principal que trata este museo son os peixes,a pesca,e os ecosistemas marinos en xeral.Emplea tanto información gráfica,textual e incluso pezas para articular.
A xunta de Galicia impulsou dende o 2006 a investigación do patrimonio subacuático de Galicia,determinando que o lugar de depósito deste fose o Museo do Mar de Vigo,polo tanto este museo ten que abordar un montón de cousas súper interesantes!!!
Convídovos a ir a visitalo,eu estou de cumpreanos nunha semana e espero que alguen regaleme unha visita a este museo tan fascinante.
Se non podedes ir porque está relativamente lonxe non vos preocupedes,aquí vos amosa moita información sobre este museo.Disfrutádeo,e feliz Mércores!!

27 oct 2014
GALICIA DENDE O AIRE
Estaba na miña casa co ordenador mirando o facebook e atopei un video que pareceume curioso e pensei que era unha boa idea poñelo no blog da clase e compartilo con todos vós. Espero que vos guste.
25 oct 2014
Ghaleghos
Ghaleghos, un vídeo ideado por unha rapaza de só 19
anos que, coa complicidade de tres amigos está revolucionando a Rede. En
só dous minutos, estes catro mozos imparten unha lección sobre a
defensa da lingua, amosándose orgullosos de falar o galego que mamaron,
con gheada e seseo incluídos, e reivindicando poder seguir empregándoo
con total liberdade, sen seren obxecto de críticas.O vídeo e un traballo de Noelia Gómez Calo para as clases de galego de Xornalismo, carreira que estuda na USC (en 1º). Xa vedes, algo simple. 2 minutos. 4 mozos en plano medio. Sinxeleza total, mais frescura e resultado espectacular: en 7 días 61.000 visitas en youtube e perto de 200.000 en facebok. E supoño que o profe daríalle polo menos un 10. É un exemplo perfecto para "inspirarvos".
Boa fin de semana.
Boa fin de semana.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)