16 may 2015

Un último esforzo

Aínda quédanos un último esforzo para chegar a selectividade polo que déixovos aquí unha canción de Dios Ke Te Crew moi positiva, que nos di que sempre sigamos  adiante e pase o que pase hai que loitar polo que queremos sen medo.



6 may 2015

Galicia non se renova

A política a nivel estatal está a cambiar, algo está pasando, e parece que a xente comeza a espertar rompendo co bipartidismo pp-psoe que levaba anos reinando en España.

A poboación esta farta de que a enganen e dos moitisimos casos de corrpución que están a saír nos últimos anos, e moitos partidos aproveitan esta situación para prometer cambio ou para aparecer da nada e vir a salvar o país.Estos son os que están tendo un enorme apoio por parte de toda a xente que renega dos 2 partidos de sempre que acabaron por converterse no mesmo.

Isto é así en  case toda España, mais aqui en Galicia a xente parece a seguir arraigada ao pasado bipartidista ou incluso uni`partidista e as últimas enquisas revelan que en Galicia, gañaráde novo o PP, e que por sorte ou por desgracia( iso xa é a opinión de cada un) teremos que seguir atourando a Feixóo moitos anos máis.

22 abr 2015

Galicia perde

Hoxe na Voz de Galicia vin unha noticia que me chamou bastante á atención xa que non esperaba que o descenso de poboación en Galicia no último ano fora tan desgarrador.
Aqui deixo á noticia da perda de 17.245 habitantes e ao que pode conlevar esta situación
Galicia perdeu máis de 17.200 habitantes no último ano

18 abr 2015

Fevino

Esta entrada é especialmente para Manolo Gonzalez,ao que sei que lle gusta moito o viño e a súa cultura, mais para todos vos tamén, pois o que teño que contarvos é unha maravilla.
O proximo Luns e Martes terá lugar no Auditorio de Ferrol a feira do viño que será punto confluente dos mellores viños galegos que serán coñecidos por moitos  importadores a nivel internacional.
Aínda que non vos interese o tema do viño, isto vai ser bó para Ferrol en todos os sentidos, e é que están todos os hoteis de Ferrol ata arriba da xente que ven, e por fin os restaurantes de Ferrol terán xente.
Paerceme fantástica calquer acto que poidase facer en Ferrol xa que pode reactivar a economía deste lugar durante uns días.
Polo tanto grazas a  Fevino, or contar con Ferrol como punto confluente de grandes viños e figuras recoñecidas neste mundo ,podendo irse fora.

26 mar 2015

Ferrol o estrelato

Almodóvar: «Me parece todo muy atractivo, fotogénico y expresivo»

O famoso director de cine Almodovar, percorreu a nosa comarca coa intención de conocer a nosa zona xa que conta con grabar varias escenas para a súa próxima trama.

12 mar 2015

Monte das Croas

Hoxe na Voz de Galicia sae unha noticia que chamóume especialmente a atención. Nela aparece reflectido un pequeno proxecto que basease no descubrimiento un novo castro, situado preto de Cedeira, no monte da Croa. Este monte situase na zona de Punta Robaleira. Deixovos o enlace pra que lle votedes unha ollada. Adquisición do Monte das Croas.


Aquí podemos observar un dos muros do castro ou antecastro. Sinceramente, espero poder visitalo en breve...

11 mar 2015

50 GRADOS Á SOMBRA

Tras o éxito da película americana de 50 sombras de Grey, unha parexa de galegos crean unha parodia do seu trailer que pensó que está moi ben e cinguese á perfección do trailer verdadeiro.
Éste tpódese ver na Voz de Galicia pero deixó aquí o verdadeiro e podedes ver o outro no último enlace, espero que vos guste :)


Trailer de 50 grados á sombra