16 may 2015

Un último esforzo

Aínda quédanos un último esforzo para chegar a selectividade polo que déixovos aquí unha canción de Dios Ke Te Crew moi positiva, que nos di que sempre sigamos  adiante e pase o que pase hai que loitar polo que queremos sen medo.



6 may 2015

Galicia non se renova

A política a nivel estatal está a cambiar, algo está pasando, e parece que a xente comeza a espertar rompendo co bipartidismo pp-psoe que levaba anos reinando en España.

A poboación esta farta de que a enganen e dos moitisimos casos de corrpución que están a saír nos últimos anos, e moitos partidos aproveitan esta situación para prometer cambio ou para aparecer da nada e vir a salvar o país.Estos son os que están tendo un enorme apoio por parte de toda a xente que renega dos 2 partidos de sempre que acabaron por converterse no mesmo.

Isto é así en  case toda España, mais aqui en Galicia a xente parece a seguir arraigada ao pasado bipartidista ou incluso uni`partidista e as últimas enquisas revelan que en Galicia, gañaráde novo o PP, e que por sorte ou por desgracia( iso xa é a opinión de cada un) teremos que seguir atourando a Feixóo moitos anos máis.