21 dic 2014

Galiza pioneira no senderismo tecnolóxico

"A Xunta lanza un ‘software’ pioneiro que permite descargarse al móvil información sobre distancias, puntos de interés y hasta mapas en 3D de las 62 rutas de senderismo homologadas de Galicia".
Síntome moi orgullosa ao saber que somos pioneiros no campo de tecnoloxía dunha maneira tan orixinal. Galiza aposta por esta especie de senderismo tecnolóxico que ten como obxetivo “contribuir a mellorar a posición de Galicia como destino de natureza”.
Dos estudios realizados por Turgalicia,coñecese que unha das principais motivacións dos turistas que veñen á comunidade é coñecer o seu entorno. Por iso, a Xunta cree que con esta “revalorización tecnolóxica” dos camiños galegos poderase “atraer a turistas alemanes, franceses e ingleses”, tres países cunha importante tradición de senderismo.

A verdade.é moi curioso que Galicia, coñecida xeralmente polo seu verde, e asociada ata por nos mesmos coa natureza, o campo e as praias,non estea entre as comunidades con máis turismo de natureza en España, tendo por delante comunidades como Asturias ou Cantabria.

3 dic 2014

Galicia no "top ten" do teatro

Hoxe gustaríame falarvos dun tema que a min gústame moito e ao que estou arraigada dende ben pequena, o teatro. Definiría o teatro como un modo de expresarse e o teatro galego como un medio de evolución, cambio e sobretodo expansión. Hoxe en día a Compañía Chévere é unha das máis soadas, non só en Galicia senón en toda España. Acaba de gañar o premio nacional de teatro e isto permitenos estar no máis alto, no culmen do teatre nos nosos días. Aqui deixo un trailer dunha das súas obras:
A verdade e que non sei porque non poido poñer o video directamente pero deixo o enlace arriba. 

30 nov 2014

Ruxe ruxe

O outro día buscando música en Youtube encontreime con Ruxe Ruxe, un grupo galego de musica rock mesturada coa música tradicional galega e un pouco de punk. Parécenme moi bos, sen duda volos recomendo se vos gusta este estilo. Deixovos un par de cancións para que os degustedes. Un saudo.

26 nov 2014

Peonista

Un día saíu na clase unha cantante que me chamou moito a atención polo seu aspecto físico,era Mercedes Peón. Unha artista que mezclaba varios tipos de música e ritmos producindo unhas cancións inéditas e moi especiais que  son recoñecidas mundialmente.Indagando nesta artista atopei algunhas cancións que me chamaron a atención pero esta é especial. É a proba de que  a música galega pode traspasar fronteiras:

Galicia, presente no pasado.

O vídeo que tedes a continuación amosa unha Galicia como predecesora dos reinos máis importantes que se achegan á nosa terra. Espero que vos pareza tan interesante como a min :





25 nov 2014

19 nov 2014

"Trolas" de la normalización lingüistíca

Abraiada quedeirme a ver esta noticia.
Queixas por parte dos pais dun colexio en Vigo ao recibir panfletos nas máns dos seus fillos que publicitan un videoxogo chamado "Trolas de la noramlización lingüistíca".Na salida dos colexios de Vigo atopabamos a xente repartindo panfletos deste xogo para o seu fomento entre os nenos pequenos ata 16 anos(a idade na que acabas a etapa escolar).
Según din os propietarios do xogo,este ten entre outros obxetivos denunciar as falacias,e os pseudo argumentos que o entorno nacionalista soe usar para rechazar a libertade da lingua.Máis ata que punto este xogo non condiciona tamén a liberdade do uso da lingua dos nenos, e o seu dereito a pensar?

INTERNET

16 nov 2014

OCURREU FAI DOCE ANOS



O 13 de novembro do 2002 as costas galegas vestiron de loito, de morte . O barco Prestige
rompeu diante das nosas costas invadindo de fuel dende Portugal a Francia , sendo a zoa máis perxudicada a nosa costa. Ninguén do Goberno fixo nada para poder remediar a situación que
tornouse nunha das maiores catástrofes económicas, sociais e medioambiantais de Galicia.
Voluntarios de todo o mundo traballaron man a man , quitando o petroleo das nosas rochas , limpando as praias e intentando salvar aos animais.Durante algún tempo , Galicia foi portada do mundo , dun mundo onde a economía das poderosas empresas multinacionais ten cabida , sin importar as consecuencias que pode acarrear ao pobo, moita xente perdeu o pouco que tiña, durante meses os mariñeiros deixaron o seu traballo .¡ E aquínon pasa nada!
Despois de moitos anos houbo un xuízo onde condenouse ao capitán do buque , pero os responsables da medida tomada respecto ao barco quedaron impunes.
Temos unha memoria moi fráxil , pasan os anos , fanos dano e aquí non pasa nada. O grito
de " Nunca Mais " , que todos gritaron, que estaba nunha bandeira galega co fondo negro , calquer día vamos a ter que volver a berrar porque nada cambiou. Como diría a canción : "Todo sigue igual"

15 nov 2014

Saunas galegas

Todos os días publícanse novas sobre a historia e o patrimonio de Galicia. Nesta ocasión trátase do perigo de destrución dunha sauna castrexa nun remoto e inaccesible castro na Fonsagrada (Lugo). En clase falamos sobre ista aínda descoñecida actividade dos nosos devanceiros. A moitos de vós sorprendeuvos que os galegos "antigos" tomaran baños de vapor como en Finlandia.
 Aquí tedes un enlace no que podedes ver unha magnífica reportaxe sobre cómo poderían funcionar as saunas dos castros, ademais de fotos espectaculares e iste vídeo sobre a Sauna do Castro de Castañoso.



E xa para rematar un pequeno video que reconstrúe o funcionamento das saunas castrexas

Os teitadores

O outro día en clase alguén preguntou se non chovería nas casas dos habitantes dos castros, pois o teito era de palla. Esta seman apareceu esta nova que acredita a existencia de artesáns que aínda hoxe seguen a desenvolver este remotísimo oficio dous mil anos despois. Podedes lela aquí.


E se vades ao minuto 42 deste video poderedes ver unha reportaxe sobre un teitador e iste tipo de construccións que aínda perviven nalgunhas comarcas remotas de Galicia como no Cebreiro, Ancares ou Serra do Eixe.

13 nov 2014

Castro de Laxe, Soesto

Onte atopei unha noticia que me sorprendeu e indignou bastante. Estos días en clase tratamos bastante o tema dos castros, e mirando na páxina de Manuel Gago, atopeime con este articulo:  e de fai tempo, e me gustaría saber que ocorreu con este tema, xa o parecer pretenden construir unha carreteira que pase por encima
Aqui vos deixo as noticias!

12 nov 2014

Matriarcas

Aí vai unha canción especialmente  adicada ás mulleres da clase. Atent@s á letra, pois fala de Breogán, as vellas lendas e as mulleres "reais". A música é da gran artista Guadí Galego e o disco preséntase o vindeiro 25 de novembro. Ben poderíades promocionala nas redes sociais...Estádevos dando conta que hai música en galego en todo tipo de estilos musicais?

10 nov 2014

Un territorio sagrado

Sobre o asunto do que estamos a falar en clase, Manolo Gago escribe hoxe este evocador artigo que nos transporta dende o presente ata o culto ancestral das deusas das augas. Non deixedes de lelo.
ermo_1

8 nov 2014

Hitler tamén foi alcalde de Cuntis

Cando o style galego acordeime dun video que vin fai unha semana y fíxome moitísima gracia. Asi que quero compartilo con vos, porque para min é boísimo.
Nunca Hitler tivo tanta labia jajajaja


Espero que vos guste.

6 nov 2014

ahí ven o maio

Existe o Maio en Galicia? Ou é sempre inverno?
Os galegos queremos que chegue o Maio e poder solucionar todos os problemas que nos afectan día si e día tamén. Quero compartir con vós a canción de Luis Emilio Batallán e os recomendo que escoitedes todo o seu disco, a súas cancións son moitas, poesías de Rosalía e Curros (Poetas do Rexurdimento)


Eu digo...

Un fato de rapazas e rapaces do Instituto de Ribadeo replican o vídeo que puxemos o outro día.“Eu digo...” é unha reacción solidaria e cómplice a “Ghalegho”, onde hai unha alusión a Ribadeo. E cómo será o galego que se fala en Ferrol?.


5 nov 2014

Espantallos

O campo galego ten compañia. O espantallo que tamén aparece nos libros e no cine.. Aquí  deixo este video  que me parece representativo. Música da mítica e única  Mercedes Peón.


Lingua e pan

Nalgunhas entradas dos vosos blogs recolledes novas e informes publicados nos ultimos días sobre  a situación da lingua galega. Vale, en Ferrol apenas se fala galego, dacordo. Algún aínda pensa que é cousa de pailáns e xente inculta. Mais noutros lugares de Galicia, como o interior da provincia de Ourense, o galego ainda ten unha grande vitalidade. Podedelo comprobar con este lipdub realizado en Cea, (Ourense) que fabrica un pan con denominación de orixe, ainda mas rico e famoso que o de Neda




Para cando un lipdub da clase de Historia de Galicia?

4 nov 2014

Marcos Lourido

Cando lin "La Voz de Galicia" de hoxe topeime ao fin cunha nova feliz. Unha entrevista con Marcos  Lourido, activo participante do blog da clase de historia de Galicia "Recunchos da Memoria". Síntome orgulloso da traxectoria deste mozo que está a rematar comunicación audiovisual. Polo proxecto que ten nos miolos -un video sobre petrogligos- semella que algo quedou daqueles tempos nos que  facia entradas sen parar a base de reconstruccións 3D de edificios,.fortificacións e persoeiros da historia de Galicia. Apuntaba maneiras aquel rapaz e ao fin estou seguro que fará un gran traballlo de recreación do pasado da Historia de Galicia.. Podedes consultar as súas entradas, moi parcas en palabras, mais feitas con curre. Aquí tedes o gif  amimado que me fixo para despedir o curso. Grazas Marcos por darlle sentido ao traballo de cada día deste profesor.

3 nov 2014

Obras de arte en San Sadurniño

A obra de arte que temos aquí é un xardin,o xardin de Amparo Manostesoiras.
Asi esta apodada esta muller pola xente de todo San Sadurniño que queda sorprendida polas figuras nas que converte seus setos.
A preferida da autora son unhas vacas cun arado,que está dedicado ao seu marido.
Esta muller leva con este xardin uns 50 anos,e dende fai pouco este cobrou tanta importancia que ata ven xente de fora a visitalo:de Alemania,Francia...
De feito eu enterieme disto polo telediario!!
Vaia maravilla ter isto tan cerca,non creedes?

31 oct 2014

Style Galego

A miña entrada da fin de semana para desexarvos un bó Samain é o éxitoso (360 000 visionados) e peculiar clip coa versión Gangnam "Style Galego" de Dani Moreiras, para que riades un rato. Viva o "Galice rural style"!!!


E si vos molou,  aí vai o hit da mesma xente: "A Bertolina" -con 1.400.000 visionados- megasuperdivertida, gravada en Taboada (Lugo)..Para ver si vos xurden ideas..
E se ainda tedes ganas de mais, pois dalle ao Ferti Mon, versionando Wrecking Ball de Miley Cyrus

Pensamentos dos nosos pequenos

Buscando e buscanto, atopei un video que deixoume sorprendida da opinión dos nosos pequenos, teñen a opinión mais clara que algún dos maiores, encantoume que sexan tan claros e tan seguros de todo o que din, aqui os deixo o video e comentade cál é o voso punto de vista.

Eu teño completamente a mesma opinión que eles, teñen a razón en todo o que din.Un bico

29 oct 2014

Qué escribo?

É a pregunta reiterada que facedes unha e outra vez. Xa falamos desto en clase dabondo. O pánico diante da folla en branco. Qué escribo?, qué fotografio?, qué filmo?.....Adicado aos que pensades que non tedes nada que aportar e dubidades da vosa capacidade creativa. Todos tedes algo co que traballar se escoitades ao voso corazón e vos lanzades sen medo á piscina. Como neste relato, eu insisto "No tienes más que hacer una pequeña marca y observar a donde te lleva", porque "todos vos sodes capit@ns.."

Baloncesto feminino

Eu tamén quería poñer a miña miguiña no noso  blog, todos puxestes música ou noticias interesantes e que os chamaron a atención. Non quería que remtara o curso sen que soubésedes que no equipo no que xogo, o Universiatrio de Ferrol está en Liga1, é dicir a máxima categoría que pode alcanazar un equipo feminino.
Normalmente soen xogar os sábados,e é todo un espectáculo digno de ver, convídovos a que os acerquedes e animédes como os que máis.

Museo do mar

O Museo do Mar de Galicia está emplazado na vella fábrica de conservas Alcabre-Molino de Viento (1887) en Vigo.
Este é unha mezcla de vangarda e tradición,e o forman 5 naves e un porto no cal puxeron un acuario e un faro.
 Deixovos unha imaxe dunha das naves para que vos vaiades facendo unha idea do bonito que é ...


O tema principal que trata este museo son os peixes,a pesca,e os ecosistemas marinos en xeral.Emplea tanto información gráfica,textual e incluso pezas para articular.
A xunta de Galicia impulsou dende o 2006 a investigación do patrimonio subacuático de Galicia,determinando que o lugar de depósito deste fose o Museo do Mar de Vigo,polo tanto este museo ten que abordar un montón de cousas súper interesantes!!!
Convídovos a ir a visitalo,eu estou de cumpreanos nunha semana e espero que alguen regaleme unha visita a este museo tan fascinante.
Se non podedes ir porque está relativamente lonxe non vos preocupedes,aquí vos amosa moita información sobre este museo.Disfrutádeo,e feliz Mércores!!



27 oct 2014

GALICIA DENDE O AIRE

Estaba na miña casa co ordenador mirando o facebook e atopei un video que pareceume curioso e pensei que era unha boa idea poñelo no blog da clase e compartilo con todos vós. Espero que vos guste.



25 oct 2014

Ghaleghos

Ghaleghos, un vídeo ideado por unha rapaza de só 19 anos que, coa complicidade de tres amigos está revolucionando a Rede. En só dous minutos, estes catro mozos imparten unha lección sobre a defensa da lingua, amosándose orgullosos de falar o galego que mamaron, con gheada e seseo incluídos, e reivindicando poder seguir empregándoo con total liberdade, sen seren obxecto de críticas.O vídeo e un traballo de Noelia Gómez Calo  para as clases de galego de Xornalismo, carreira que estuda na USC (en 1º). Xa vedes, algo simple. 2 minutos. 4 mozos en plano medio. Sinxeleza total, mais frescura e resultado espectacular: en 7 días 61.000 visitas en youtube e perto de 200.000 en facebok. E supoño que o profe daríalle polo menos un 10. É un exemplo perfecto para "inspirarvos". 
Boa fin de semana.

23 oct 2014

A fraga de Catasós


Outra das novas destes días é ameaza que pende sobre unha milenaria fraga en Catasós (perto de Lalín). "Onde os castiñeiros petan no ceo" porque conserva os exemplares de castiñeiro máis altos de Europa. Coma nos casos que estades a "descubrir", é unha peza mais do puzzle da Galicia fermosa en perigo de desaparición. Unha peza que esvae a beleza milenaria deste lugar tan marabilloso. Poderíamos imaxinar que estamos perto de Lothlórien e que en calquera intre pode aparecer Galadriel ou Legolas tras dun castiñeiro.
Mirade qué fotos e texto tan chulo publica Manolo Gago no seu blog.

facebook de "Salvemos Catasós" 
Unha nova loita social en Catasós


Saudos para tod@s

18 oct 2014

O último suspiro de Ferrol

Hoxe quero compartir con todos vos, xente de Ferrol, un problema que esta a traer consecuencias nefastas para o noso pobo. O paro , a xente que durante toda a súa vida , traballou, para facer unha vida mellor para eles e para os seus. E de repente, quedan na calle, as empresas para as que traballaban pechan, e eles /as quedan sen traballo, quedan esperando a que o Estado lles pague aquelo que debía de pagar o empresario, dentro sempre dos limites que a lei establece, que na mallor parte non e todo o que se lles debe.
Pero ademais de quedar sin traballo, quedan sin a súa alma, a súa autoestima rómpese porque a mala xestión e a incompetencia da organización das empresas lévalles a esa situación.

Ferrol foi durante anos un referente no sector do metal , con empresas como Bazán e Astano. Así como outras empresas que apostaban pola comarca de Ferrol Terra. Pese a labor dos sindicatos e da sociedade as empresas foron pechando e trasladando os seus centros de traballo a outros lugares, esto foi producindo un empobrecemento da comarca, e con isto a repercusión en outros ámbitos da sociedade, aumentou o alcoholismo, as parellas rotas, e os problemas de carácter social. Ferrol está morrendo e nun último suspiro non somos capaces de alientar o seu rexurdimento.

¿Solucións? Non sei cales poden ser, pero non pasa por actitudes negativas ou de pesimismo, como tampoco polo paternalismo, tan propio de manter contento ao traballador e que non proteste, que non reclame os seus dereitos.

Penso que o diñeiro que utilizan as empresas, e mais cando parte do diñeiro público debería de ter unha transparencia absoluta , non sei si sería unha solución pero estou totalmente convencido de que si o diñeiro invertido fora ben xestionado, Ferrol non morrería.

17 oct 2014

NOVO VENRES E MESMO DESEXO

Xa chega a fin de semana que todos ansiamos e por iso quero compartir con vós unha canción que sempre escoito nas orquestras das festas do verán, que boto moitísimo de menos e ponme moi contenta, non só polo ritmo tamén pola letra. A miña parte favorita é: "Aquí está o meu lar, onde se acaba o mar" creo que pode representar unha parte de min e queroa compartir con todos vos. Espero que vos guste. 


Mollámonos polo río

Como pezas dun xigantesco puzle, gran parte do territorio galego está en perigro por diferentes ameazas, como estades a reflectir aos poucos nos vosos blogs. Se continúa este proceso de deterioro paisaxístico, patrimonial, urbanístico ou medioambiental, non sei qué Galicia  poderedes amosarlle aos vosos fillos. O exemplo de hoxe lévanos a Sarria (Lugo). Os seus case 15 000 habitantes acostumáronse a pasear por un tradicional bosque de ribeira, as beiras do rio Sarria que pasa polo medio da vila.
Sen embargo, un proxecto oficial para acanalar o río pretende talar 180 arbores (o que vai de Sarria bonita a Sarria horribel). Mais neste caso os veciños orgaizáronse e estan a loitar por defender o seu bosque. Sairon en numeroso telexornais encadeados aos arbores. Podes ver na web Plataforma sarriana polo río  o desenvolvemento do conflito. As espadas ainda estan en alto....e calquera cousa pode pasar. Acabarán as motoserras coa vida cos salgueiros e amieiros do río Sarria?
Nesta reportaxe cóntase o problema dende o punto de vista dos veciños...

15 oct 2014

Outra desfeita da "Galicia bonita"

Xa avanzamos algo sobre o desleixo dos galegos polo seu patrimonio. Os campos do Megalitismo son paisaxe en estado puro. Son o noso territorio mais mítico, as nosas "carreteras" e GPS da antiguidade remota, os nosos santuarios e necrópolis, as nosas referenzas e alicerces de hai 5.000 anos.  Aquí tedes outro exemplo mais de destrucción da "Galicia bonita", nun lugar que podería seren unha atración turístico-cultural de primeiro nivel, mesmo internacionalmente: Das pedras tamén se come, e senon que llelo pregunten aos vecinos de Carnac ou Stonehenge.   
Aquí tedes a nova de hoxe: O parque  do megalitismo do Barbanza amenazado.

E si vos interesa esta etapa mítica da Galicia non deixedes de ver este extraordinario video persoal de Manolo Gago: "Viaxe á illa dos mortos". 

Liet international 2010

Ola,queria compartir con vos esta canción do grupo de rap "Mafia gallega".Atopeino sen buscalo,mentras veía vídeos de festivais internacionais de musica,e bastante música alternativa.Imaxinade a miña sorpresa cando atopei a uns raperos galegos entre tantos artistas que proviñan de todo o mundo,neste festival,o Liet international,unha especie de Eurovisión para linguas sen Estado de seu.Deixovos sen máis dilación con esta canción,disfrútadea.

Ranking de empresas contaminantes: Ence, Cosmos e Repsol

Algunha grande industria, as centrais termoeléctricas de carbón, o tráfico marítimo e o tráfico rodado das grandes cidades. Esas son as catro principais fontes de contaminación que afectan a calidade do aire que respiramos no país... Asi comeza o artigo publicado hoxe en Praza Pública relacionado co tema no que andamos en clase. Joaquín Garat ten que lelo a huevos. El sabe por qué... Podes lelo aquí.
Asemade hoxe tamén publicouse este informe sobre os danos colaterais da despoboación rural que tanto lle preocupa a  Xano. Quizais de pistas para entradas sobre o tema. Non deixedes de lelo aquí. Dende logo é de lectura obrigada para Xano. Non sei si facerlle un exame...

13 oct 2014

Cova de Eirós, outra "xoia galega" amenazada

Xa vos comentei en varias ocasións que os xornais son fontes inagotabeis de temas sobre os que traballar. Nestes días agromou a nova da inminente destrucción do entorno da Cova de Eirós, sen dúbida o xacemento paleolítico mais importante de Galicia. Mirade ben este video; visitar a páxina web do xacemento. Como os obxectivos da empresa "Cementos Cosmos" continúen co rumbo previsto, en pouco tempo quedará arrasado, como tantas cousas que se caen diante dos nosos ollos todos os días sen decatármonos...



E cáles son os planes da empresa?: Podedes ler aquí esta nova de hoxe ou esta de onte. Cómo o vedes?. Xa volo advertín: a Galicia que tedes na cabeza está en perigo de desaparición

ACCIDENTE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Ola,boas tardes chicos,os vou a contar unha historia que non sei se os acordaredes, xa pasou fai un aniño, pero creo que para todos nós, os galegos, vamonos acordar para a toda a vida, polo menos eu.
Acordadevos da desgraza que pasou en Santiago de Compostela o ano pasado, coa descarrilación do tren?
Se non os acordades xa os recordo eu un pouco chicos, ocorreu o 24 de Xullo do 2013, na curva "A Grandeira",3 kilometros antes de chegar a estación de Santiago, descarrilou con aproximandamente 218 pasaxeiros abordo, e deles 79 falecidos.
Ese accidente foi un dos máis graves no sistema ferroviario español.
O conductor tiña que ir a unha velocidade máxima de 80 kilometros/hora, e o conductor a colleu polo menos a 153-185kilometros/hora.
Agora os vou deixar algunhas imaxes e un video para que podades recordar.

12 oct 2014

Pedaciños da Historia

 Neste intre vouvos falar dun feito que expandiuse e segue,nestes momentos , asolando toda Galicia. Nos días de hoxe non paramos de escoitar nos xornais,na televisión ,nas redes sociais e demáis medios de comunicación, a tan "famosa" crisis. Pero en Galicia existen varios tipos , e unha delas é a crisis demográfica que se leva producindo xa dende fai anos na nosa comunidade .Esta crisis trata sobre as casas que quedan abandonadas , xa sexa por falta de donos, ou porque simplemente os propietarios non lles interesan as casas,ou os terreos. Estas son xeralmente antigas,de pedra, e situadas en vilas ou pobos , apartadas dos grandes núcles urbanos. As investigacións falan dunhas 250.000  casas rurais abandonadas SÓ en Galicia. Moitas veces habitadas por xente de avanzada idade, que poden levar un estilo de vida moito máis humilde do que podamos ter nós en toda a nosa privilexiada vida .  En moitos casos, dase esta situación debido á falta de descendencia dos propietarios destas casas. Noutros, esa descendencia que a uns lles falta, vende esas casas ,caseríos ou mesmo fincas, para comprarse unha vivenda mellor en pleno centro urbán, con menos da metade de historia que poden gardar eses antigos recunchos rurais afastados , por asi dito, da civilización. É así mesmo queridos lectores , unha pequena parte da historia  de Galicia , que algúns pode ser que nin coñezan, estase a consumir no olvido a un paso axigantado,  e desgraciadamente sen opción de retorno.

 Vos deixo un dos poucos enlaces de interese que puiden econtrar : Pequeno reportaxe de interese



Castro de Esmelle

Fuchedes algunha vez a un castro ¿?  Eu son de esmelle  e alí hai un castro moi antigo , pero que non se aprecia na sua totalidade, en este se encontraron cacharros de barro e unha cadea de ouro, una vella lenda di que haí se gardaban grandes tesouros de ouro.
Pero hoxe en dia se pos castros ferrol en google so che sae unha páxina onde os mencionan (por enriba) e non dan moitos datos, incluso encontras videos aficeonados coma estes

donde a xente pola sua conta, intenta compartilo cos demais,
non temos, nin un dos vinte castros mais importantes de galicia.
Eu penso que si, pero que en ferrol nin nos molestamos por interesarnos.
dame moita pena xa que amin gustame moito o noso pasado celta e que nos
deixara gravado durante séculos e séculos no noso territorio, esas fermosas arquitecturas
de onde podemos sacara conclusions das sua forma de vida, costumes, ferramentas..
apesar de non ter uns como os de viladonga, se non sofresemos un proceso de abandono dos castros
en ferrol teriamos  mas sitios cos que escribir algo mais da historia da nosa cidade.

10 oct 2014

Os encoros e a paisaxe


http://pictures2.todocoleccion.net/fot/2008/08/21/9849967.jpg

Lendo a moi pertinente entrada de Gabriela sobre as centrais hidroeléctricas non poiden evitar lembrarme da miña infancia en terra de encoros masivos. O río do meu pobo, o SIL ostenta o triste record de ser o mais embalsado de Galicia. De feito, ao carón da miña casa, estaban as oficinas principais da empresa "Saltos del Sil", dende 1983 propiedade de Iberdrola. A construcción de encoros e pantanos foi unha das bazas propagandísticas do franquismo. Cada vez que se inauguraba un encoro no río, o Xeneral Franco viña como invitado especial e apretaba o botón da central; días mais tarde os españois vian o acto de inauguración no NO-DO que se proxectaba obrigatoriamente en todos os cinemas de España antes da película. Como por exemplo neste de Sto Estebo en 1956 ou Belesar en 1963:
A cuestión que deberíades prantexarvos é para quén e por qué se construían os encoros? Moitos pobos ao carón das centrais seguían sen luz eléctrica por esas datas, mentres que a enerxía producida ia para fora de Galicia. E no proceso pobos e vales fertiles quedaban anegados para sempre. E a paisaxe, os ríos, as augas, a fauna, os soutos, a pesca, as xentes... sufriron unha agresión permanente no tempo que chega ata hoxe. O tema dos encoros en Galicia é un tema casi infinito e aínda moi vivo. Sae en novelas, poemas, fotografías, cancións, filmes e documentos de todo tipo. Podedes acadar moitas historias humanas e puntos de vista na rede.  Ai quédavos outro video sobre un pobo asolagado en Ourense en 1958:
 

9 oct 2014

Tempo

Galicia é sobre todo.... tempo. Así o pensa o creador Manuel Valcarcel, enxergado nun fascinante proxecto visual, que responde exactamente aos obxectivos do noso tema deste mes. Sabedes onde queda O Courel? (a 15 km de onde nacín eu). Botádelle un ollo a este teaser promocional de 2 minutos, que ten unha pintaza.....O resultado final será un extraordinario documental de 60 minutos. Este é o punto de partida: "Hai 340 millóns de anos, no Courel, aconteceu algo extraordinario: da grande colisión de dúas placas continentais, naceu Galicia. Hoxe, esta paisaxe única, cun patrimonio cultural e xeolóxico de interese mundial, vese ameazada: Abandono, megaminaría e espolio forestal devastan este ecosistema".
Como podredes apreciar sobran as palabras..  Pódense escribir entradas só con imaxes...sen cortapegar palabras alleas.

5 oct 2014

Enerxía para comezar a semana

Non sei si coñecedes a Sés. Adoro a súa enerxía, bravura, frescura e liberdade. Para mín representa á "Galicia bonita", ou polo menos sería moito mais auténtica se houbera 1000 Sés entre nós. Veña ho...collede "carrerilla" para a dura semana. E a letra non ten desperdicio para @s que frecuentades este blog: "Eu nin podo nin quero nin debo volverme fiar da cultura da media verdade, da estafa legal. Eu xa corto e deserto, e me aparto de toda moral, que aprendín moito máis cuestionando o saber popular"


3 oct 2014

Outro "Viaje por Galicia" en 1958

De novo propóñovos que miredes outra película sobre Galicia. Tranquil@s, nesta ocasión é sonora e  con cores moi bonitas. Foi rodada 30 anos despois da que puxemos o outro día, entre 1953 e 1958,  na Galicia que coñeceron os vosos pais. Tamén neste caso teño certa implicación persoal, porque este filme  localiceino en Buenos Aires e trouxeno no avión de volta a Galicia en 1990, cedido persoalmente polo seu autor, Manuel Aris.  Se analizarades polo miudo as dúas películas, notaríades certos cambios, ainda moi cativos. Pero comparadea coa Galicia contemporánea, e xa veredes cómo mudou o noso pais nestes últimos 56 anos. O mesmo que comentei a proposito da peli do 29: Poderíades descargala e manipular estas imaxes con outras do presente facendo un remix.  Que vos preste a viaxe.

O punto de vista

Seguimos insistindo na importancia do punto de vista para entender as mensaxes que nos chegan todos os días. Só tes que comparar estos dous videos. No primeiro,  Ferrol semella unha maravilla TOTAL


Sen embargo no segundo achégamonos a outro Ferrol que provoca exactamente o contrario.

1 oct 2014

"Un viaje por Galicia" en 1929

Aquí tedes a copia completa dunha película rodada na Galicia de 1929: "Un Viaje por Galicia", na que tiven a honra de participar na súa restauración aló por 1990. Representa a meirande colección de imaxes do noso pais antes da guerra civil. Practicamente é coma unha viaxe no tempo. Comeza na provincia de Lugo, mais logo podemos ver Coruña, Pontevedra e Ourense. Por suposto tamén sae Ferrolterra. Fixádevos nos cambios da paisaxe no devalar do tempo e comparade coa época actual. Mirade cómo mudou Galicia nos últimos 84 anos, casi cando naceron os vosos avós. Poderíades descargala e manipular estas imaxes xogando coa actualidade. Só é unha idea entre as moitas coas que poderíades traballar con este material de primeira. Teño na casa o film en DVD se alguén ten interés. Que vos preste, e boa viaxe no tempo..



A mirada de Tizón

Como tod@s sabedes, o vernes visítanos o grandísimo fotógrafo Gabriel Tizón. 
Non é preciso lembrarvos a súa extraordinaria traxectoria como observador da realidade, tanto galega como internacional. Os interesados tedes na súa completísima web a información que acredita unha vida detrás do obxectivo fotográfico. Gabriel ven a falarnos da "mirada necesaria" para que descubramos no mundo que nos rodea non só a beleza e a poesía, senon tamén a mentira, a inxustiza e a desigualdade de tantos homes e mulleres do planeta.

Web de Gabriel Tizon
Facebook de Gabriel Tizón


Esa Galicia TAN bonita


Nas vosas opinións sobre Galicia, case tod@s insistichedes na imaxe idealizada, da "fermosura" de Galicia, nos verdes interminabeis da paisaxe e o seu carácter case de "paraíso natural". Sen embargo, algúns datos poden poñer en custión isa creenza fortemente asentada entre vos: as explotacións mineiras, a deforestación, o cambio climático, as eólicas, as infraestructuras, o feismo, a despoboación rural, a caída demográfica,... etc... Hai numerosos datos que ao mellor nos obrigan a repensar cómo será Galicia dentro de 25 anos...
Para axudar, aquí tedes un mapa interactivo das ameazas á vosa imaxe bucólica do pais "verde e bonito". Si queres ver o mapa perfecto , descarga aquí o mapa en gran calidade: Descarga aquí a infografía (.pdf).  
Logo amplia o gráfico para "navegar" por hiperenlaces  ou ligazóns que de seguro te permitirán coñecer a realidade socioambiental de Galicia. Dádelle unha "volta" e mirade o que pode acontecer a curto prazo nese pais tan fermoso do que falades. Acostumadevos a afinar a mirada para ver mais aló do que se aprecia a simple vista. Lembrade, cada un terá que facer catro achegamentos a esta cuestión. Podedes utilizar a información pura e dura, mais tamén a fotografía, o video, ou calquera outro soporte que consideredes de interés. O único importante e que reflicten puntos de vista persoais. Os temas son case infinitos, mais se estades atrancados, xa sabedes onde estou para botar un cabo.
E para vexades as posibilidades ai tedes unha versión que ao mellor vos presta mais: o tema "Profecia" do bizarro grupo de hip-hop galego "Dios Ke te crew"


29 sept 2014

Benvid@s

Ola Bendid@s, á vosa páxina colectiva de Historia de Galicia... Un blog que pretende ser aberto, participativo e democrático. Xa podedes comezar a debullar a realidade galega e ferrolana e sorprender ao mundo có voso talento e imaxinación. Aquí tedes un pequeno manual que vos pode axudar a utilizar o Bloguer. E tamén un sinxelo video tutorial que tamén pode servos de utilidade.