30 nov 2014

Ruxe ruxe

O outro día buscando música en Youtube encontreime con Ruxe Ruxe, un grupo galego de musica rock mesturada coa música tradicional galega e un pouco de punk. Parécenme moi bos, sen duda volos recomendo se vos gusta este estilo. Deixovos un par de cancións para que os degustedes. Un saudo.

26 nov 2014

Peonista

Un día saíu na clase unha cantante que me chamou moito a atención polo seu aspecto físico,era Mercedes Peón. Unha artista que mezclaba varios tipos de música e ritmos producindo unhas cancións inéditas e moi especiais que  son recoñecidas mundialmente.Indagando nesta artista atopei algunhas cancións que me chamaron a atención pero esta é especial. É a proba de que  a música galega pode traspasar fronteiras:

Galicia, presente no pasado.

O vídeo que tedes a continuación amosa unha Galicia como predecesora dos reinos máis importantes que se achegan á nosa terra. Espero que vos pareza tan interesante como a min :





25 nov 2014

19 nov 2014

"Trolas" de la normalización lingüistíca

Abraiada quedeirme a ver esta noticia.
Queixas por parte dos pais dun colexio en Vigo ao recibir panfletos nas máns dos seus fillos que publicitan un videoxogo chamado "Trolas de la noramlización lingüistíca".Na salida dos colexios de Vigo atopabamos a xente repartindo panfletos deste xogo para o seu fomento entre os nenos pequenos ata 16 anos(a idade na que acabas a etapa escolar).
Según din os propietarios do xogo,este ten entre outros obxetivos denunciar as falacias,e os pseudo argumentos que o entorno nacionalista soe usar para rechazar a libertade da lingua.Máis ata que punto este xogo non condiciona tamén a liberdade do uso da lingua dos nenos, e o seu dereito a pensar?

INTERNET

16 nov 2014

OCURREU FAI DOCE ANOS



O 13 de novembro do 2002 as costas galegas vestiron de loito, de morte . O barco Prestige
rompeu diante das nosas costas invadindo de fuel dende Portugal a Francia , sendo a zoa máis perxudicada a nosa costa. Ninguén do Goberno fixo nada para poder remediar a situación que
tornouse nunha das maiores catástrofes económicas, sociais e medioambiantais de Galicia.
Voluntarios de todo o mundo traballaron man a man , quitando o petroleo das nosas rochas , limpando as praias e intentando salvar aos animais.Durante algún tempo , Galicia foi portada do mundo , dun mundo onde a economía das poderosas empresas multinacionais ten cabida , sin importar as consecuencias que pode acarrear ao pobo, moita xente perdeu o pouco que tiña, durante meses os mariñeiros deixaron o seu traballo .¡ E aquínon pasa nada!
Despois de moitos anos houbo un xuízo onde condenouse ao capitán do buque , pero os responsables da medida tomada respecto ao barco quedaron impunes.
Temos unha memoria moi fráxil , pasan os anos , fanos dano e aquí non pasa nada. O grito
de " Nunca Mais " , que todos gritaron, que estaba nunha bandeira galega co fondo negro , calquer día vamos a ter que volver a berrar porque nada cambiou. Como diría a canción : "Todo sigue igual"

15 nov 2014

Saunas galegas

Todos os días publícanse novas sobre a historia e o patrimonio de Galicia. Nesta ocasión trátase do perigo de destrución dunha sauna castrexa nun remoto e inaccesible castro na Fonsagrada (Lugo). En clase falamos sobre ista aínda descoñecida actividade dos nosos devanceiros. A moitos de vós sorprendeuvos que os galegos "antigos" tomaran baños de vapor como en Finlandia.
 Aquí tedes un enlace no que podedes ver unha magnífica reportaxe sobre cómo poderían funcionar as saunas dos castros, ademais de fotos espectaculares e iste vídeo sobre a Sauna do Castro de Castañoso.



E xa para rematar un pequeno video que reconstrúe o funcionamento das saunas castrexas

Os teitadores

O outro día en clase alguén preguntou se non chovería nas casas dos habitantes dos castros, pois o teito era de palla. Esta seman apareceu esta nova que acredita a existencia de artesáns que aínda hoxe seguen a desenvolver este remotísimo oficio dous mil anos despois. Podedes lela aquí.


E se vades ao minuto 42 deste video poderedes ver unha reportaxe sobre un teitador e iste tipo de construccións que aínda perviven nalgunhas comarcas remotas de Galicia como no Cebreiro, Ancares ou Serra do Eixe.

13 nov 2014

Castro de Laxe, Soesto

Onte atopei unha noticia que me sorprendeu e indignou bastante. Estos días en clase tratamos bastante o tema dos castros, e mirando na páxina de Manuel Gago, atopeime con este articulo:  e de fai tempo, e me gustaría saber que ocorreu con este tema, xa o parecer pretenden construir unha carreteira que pase por encima
Aqui vos deixo as noticias!

12 nov 2014

Matriarcas

Aí vai unha canción especialmente  adicada ás mulleres da clase. Atent@s á letra, pois fala de Breogán, as vellas lendas e as mulleres "reais". A música é da gran artista Guadí Galego e o disco preséntase o vindeiro 25 de novembro. Ben poderíades promocionala nas redes sociais...Estádevos dando conta que hai música en galego en todo tipo de estilos musicais?

10 nov 2014

Un territorio sagrado

Sobre o asunto do que estamos a falar en clase, Manolo Gago escribe hoxe este evocador artigo que nos transporta dende o presente ata o culto ancestral das deusas das augas. Non deixedes de lelo.
ermo_1

8 nov 2014

Hitler tamén foi alcalde de Cuntis

Cando o style galego acordeime dun video que vin fai unha semana y fíxome moitísima gracia. Asi que quero compartilo con vos, porque para min é boísimo.
Nunca Hitler tivo tanta labia jajajaja


Espero que vos guste.

6 nov 2014

ahí ven o maio

Existe o Maio en Galicia? Ou é sempre inverno?
Os galegos queremos que chegue o Maio e poder solucionar todos os problemas que nos afectan día si e día tamén. Quero compartir con vós a canción de Luis Emilio Batallán e os recomendo que escoitedes todo o seu disco, a súas cancións son moitas, poesías de Rosalía e Curros (Poetas do Rexurdimento)


Eu digo...

Un fato de rapazas e rapaces do Instituto de Ribadeo replican o vídeo que puxemos o outro día.“Eu digo...” é unha reacción solidaria e cómplice a “Ghalegho”, onde hai unha alusión a Ribadeo. E cómo será o galego que se fala en Ferrol?.


5 nov 2014

Espantallos

O campo galego ten compañia. O espantallo que tamén aparece nos libros e no cine.. Aquí  deixo este video  que me parece representativo. Música da mítica e única  Mercedes Peón.


Lingua e pan

Nalgunhas entradas dos vosos blogs recolledes novas e informes publicados nos ultimos días sobre  a situación da lingua galega. Vale, en Ferrol apenas se fala galego, dacordo. Algún aínda pensa que é cousa de pailáns e xente inculta. Mais noutros lugares de Galicia, como o interior da provincia de Ourense, o galego ainda ten unha grande vitalidade. Podedelo comprobar con este lipdub realizado en Cea, (Ourense) que fabrica un pan con denominación de orixe, ainda mas rico e famoso que o de Neda




Para cando un lipdub da clase de Historia de Galicia?

4 nov 2014

Marcos Lourido

Cando lin "La Voz de Galicia" de hoxe topeime ao fin cunha nova feliz. Unha entrevista con Marcos  Lourido, activo participante do blog da clase de historia de Galicia "Recunchos da Memoria". Síntome orgulloso da traxectoria deste mozo que está a rematar comunicación audiovisual. Polo proxecto que ten nos miolos -un video sobre petrogligos- semella que algo quedou daqueles tempos nos que  facia entradas sen parar a base de reconstruccións 3D de edificios,.fortificacións e persoeiros da historia de Galicia. Apuntaba maneiras aquel rapaz e ao fin estou seguro que fará un gran traballlo de recreación do pasado da Historia de Galicia.. Podedes consultar as súas entradas, moi parcas en palabras, mais feitas con curre. Aquí tedes o gif  amimado que me fixo para despedir o curso. Grazas Marcos por darlle sentido ao traballo de cada día deste profesor.

3 nov 2014

Obras de arte en San Sadurniño

A obra de arte que temos aquí é un xardin,o xardin de Amparo Manostesoiras.
Asi esta apodada esta muller pola xente de todo San Sadurniño que queda sorprendida polas figuras nas que converte seus setos.
A preferida da autora son unhas vacas cun arado,que está dedicado ao seu marido.
Esta muller leva con este xardin uns 50 anos,e dende fai pouco este cobrou tanta importancia que ata ven xente de fora a visitalo:de Alemania,Francia...
De feito eu enterieme disto polo telediario!!
Vaia maravilla ter isto tan cerca,non creedes?