16 nov 2014

OCURREU FAI DOCE ANOS



O 13 de novembro do 2002 as costas galegas vestiron de loito, de morte . O barco Prestige
rompeu diante das nosas costas invadindo de fuel dende Portugal a Francia , sendo a zoa máis perxudicada a nosa costa. Ninguén do Goberno fixo nada para poder remediar a situación que
tornouse nunha das maiores catástrofes económicas, sociais e medioambiantais de Galicia.
Voluntarios de todo o mundo traballaron man a man , quitando o petroleo das nosas rochas , limpando as praias e intentando salvar aos animais.Durante algún tempo , Galicia foi portada do mundo , dun mundo onde a economía das poderosas empresas multinacionais ten cabida , sin importar as consecuencias que pode acarrear ao pobo, moita xente perdeu o pouco que tiña, durante meses os mariñeiros deixaron o seu traballo .¡ E aquínon pasa nada!
Despois de moitos anos houbo un xuízo onde condenouse ao capitán do buque , pero os responsables da medida tomada respecto ao barco quedaron impunes.
Temos unha memoria moi fráxil , pasan os anos , fanos dano e aquí non pasa nada. O grito
de " Nunca Mais " , que todos gritaron, que estaba nunha bandeira galega co fondo negro , calquer día vamos a ter que volver a berrar porque nada cambiou. Como diría a canción : "Todo sigue igual"

6 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Páreceme moi inspirador este video,e que razón no que escribiches.Temos memoria de pez,e seguen a tratarnos como queren e a destrozar as nosas terras.Oxalá nunca máis!!

    ResponderEliminar
  3. tes toda a razón, non hai que esquecer as cousas importantes, nin esquecer a todos os que o pasaron por alto

    ResponderEliminar
  4. isto fainos abrir os ollos,penso que tes moita razon!! Espero que isto nos sirva para algo!

    ResponderEliminar
  5. É unha pena que grandes multinacionais se esten a aproveitar de Galicia. E que nos a sigamos vendo como parvos coa imaxe idílica de fai anos. É unha vergoña que pasen traxedias como estas no noso patrimonio natural e que cause estragos no so no ecosistema se non tamen nas xentes que dependen do mar .

    ResponderEliminar
  6. Estou completamente de acordo co que escribiches, o pobo manchouse as mans mentres que os gobernos e empresas limpáronsas.É realmente indignante e triste

    ResponderEliminar