26 feb 2015

que es esto?

http://blogs.periodistadigital.com/bokabulario.php/2014/04/25/franco-de-nuevo-un-rojo-protegio-a-la-re

17 feb 2015

Revoltas e rebelións

Esta mañá saía no xornal un novo episodio de revindicacións. Dito episodio concorda co tema de "Galicia Rebelde". Seguro que todos vosotros estades ao tanto da penosa situación dos astilleiros ferrolans. A min persoalmente, avergónzame como os dirixentes mostran tanto pasotismo e incapacidade para manter unha carga de traballo estable... En fin, deixovos a noticia para que saquedes as vosas propias conclusións.


5 feb 2015

Cora Novoa

Con todo, estase  facendo unha semana dura con tantos exames polo que creo que é necesario alegrarse un pouco e relaxarse  dentro de tanto estrés.Aquí deixovos unha compositora galega de música electrónica, que está tendo un gran éxito, Cora Novoa.



4 feb 2015

Poesía semanal

Gustaríame compartir con vós un dos meus poemas favoritos en galego de todos os que teño lido. É de Celso Emilio Ferreiro e nel fala sobre a súa muller, encántame o modo no que transmite o amor por ela.
Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a esperanza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.

Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.

Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.

Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.