4 feb 2015

Poesía semanal

Gustaríame compartir con vós un dos meus poemas favoritos en galego de todos os que teño lido. É de Celso Emilio Ferreiro e nel fala sobre a súa muller, encántame o modo no que transmite o amor por ela.
Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a esperanza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.

Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.

Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.

Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.

 

9 comentarios:

  1. nunca antes a habia visto esta poesia paraceme preciosa Elisa!

    ResponderEliminar
  2. Xa era coñecedora de esta poesia ainda que tempos atras nin lle fixen caso e agora é bonito leerla de novo!!

    ResponderEliminar
  3. sempre que a vexo, acordome que é a túa preferida!! E preciosa porsupusto

    ResponderEliminar
  4. sempre que a vexo, acordome que é a túa preferida!! E preciosa porsupusto

    ResponderEliminar
  5. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  6. É un poema moi bonito e que reflicte perfetamente os sentimentos do poeta!Fermoso!

    ResponderEliminar
  7. É un poema moi bonito e que reflicte perfetamente os sentimentos do poeta!Fermoso!

    ResponderEliminar
  8. É un poema moi bonito e que reflicte perfetamente os sentimentos do poeta!Fermoso!

    ResponderEliminar