22 abr 2015

Galicia perde

Hoxe na Voz de Galicia vin unha noticia que me chamou bastante á atención xa que non esperaba que o descenso de poboación en Galicia no último ano fora tan desgarrador.
Aqui deixo á noticia da perda de 17.245 habitantes e ao que pode conlevar esta situación
Galicia perdeu máis de 17.200 habitantes no último ano

18 abr 2015

Fevino

Esta entrada é especialmente para Manolo Gonzalez,ao que sei que lle gusta moito o viño e a súa cultura, mais para todos vos tamén, pois o que teño que contarvos é unha maravilla.
O proximo Luns e Martes terá lugar no Auditorio de Ferrol a feira do viño que será punto confluente dos mellores viños galegos que serán coñecidos por moitos  importadores a nivel internacional.
Aínda que non vos interese o tema do viño, isto vai ser bó para Ferrol en todos os sentidos, e é que están todos os hoteis de Ferrol ata arriba da xente que ven, e por fin os restaurantes de Ferrol terán xente.
Paerceme fantástica calquer acto que poidase facer en Ferrol xa que pode reactivar a economía deste lugar durante uns días.
Polo tanto grazas a  Fevino, or contar con Ferrol como punto confluente de grandes viños e figuras recoñecidas neste mundo ,podendo irse fora.