15 nov 2014

Saunas galegas

Todos os días publícanse novas sobre a historia e o patrimonio de Galicia. Nesta ocasión trátase do perigo de destrución dunha sauna castrexa nun remoto e inaccesible castro na Fonsagrada (Lugo). En clase falamos sobre ista aínda descoñecida actividade dos nosos devanceiros. A moitos de vós sorprendeuvos que os galegos "antigos" tomaran baños de vapor como en Finlandia.
 Aquí tedes un enlace no que podedes ver unha magnífica reportaxe sobre cómo poderían funcionar as saunas dos castros, ademais de fotos espectaculares e iste vídeo sobre a Sauna do Castro de Castañoso.



E xa para rematar un pequeno video que reconstrúe o funcionamento das saunas castrexas

5 comentarios:

  1. É curioso como as cousas que creemos máis modernas e de última xeración, veñen de moito tempo atrás. Estaría ven saber que máis cousas proveñen dese tempo.

    ResponderEliminar
  2. Gustame saber que todo o que hoxe disfrutamos ten un pasado e creouse neses tempos!

    ResponderEliminar
  3. Estou completamente dacordo con Ruth e Tamara ainda que a min as saunas me dan algo de medo jajajaj!!

    ResponderEliminar
  4. A galicia castrexa do ano 600 a.C xa usaba as saunas. Uniendo iso coa lenda de Breogan e Ith ocorreseme que ao mellor as saunas, que tanto usanse no norte de Europa, foron os galaicos quenes as levaron ata ahi. Quen sabe?

    ResponderEliminar
  5. Creo que esta cultura tiña que ser máis promovida para que as persoas coñezan este tipo de cousas xa que é incríble como as cousas presente baséanse no pasado e máis na cultura castrexa, que con este tipo de vídeos pode verse a influencia nos nosos días.

    ResponderEliminar