13 oct 2014

Cova de Eirós, outra "xoia galega" amenazada

Xa vos comentei en varias ocasións que os xornais son fontes inagotabeis de temas sobre os que traballar. Nestes días agromou a nova da inminente destrucción do entorno da Cova de Eirós, sen dúbida o xacemento paleolítico mais importante de Galicia. Mirade ben este video; visitar a páxina web do xacemento. Como os obxectivos da empresa "Cementos Cosmos" continúen co rumbo previsto, en pouco tempo quedará arrasado, como tantas cousas que se caen diante dos nosos ollos todos os días sen decatármonos...



E cáles son os planes da empresa?: Podedes ler aquí esta nova de hoxe ou esta de onte. Cómo o vedes?. Xa volo advertín: a Galicia que tedes na cabeza está en perigo de desaparición

1 comentario:

  1. Dende logo parece mentira ter ao fronte de Galicia xente que vaia permitir que esa empresa destroce este xacemento.Cada día queda máis demostrado que lamentablemente os cartos moven o mundo.Espero poder ir a ver o entorno da Cova de Eirós antes de que esta empresa acabe con él.

    ResponderEliminar