1 oct 2014

"Un viaje por Galicia" en 1929

Aquí tedes a copia completa dunha película rodada na Galicia de 1929: "Un Viaje por Galicia", na que tiven a honra de participar na súa restauración aló por 1990. Representa a meirande colección de imaxes do noso pais antes da guerra civil. Practicamente é coma unha viaxe no tempo. Comeza na provincia de Lugo, mais logo podemos ver Coruña, Pontevedra e Ourense. Por suposto tamén sae Ferrolterra. Fixádevos nos cambios da paisaxe no devalar do tempo e comparade coa época actual. Mirade cómo mudou Galicia nos últimos 84 anos, casi cando naceron os vosos avós. Poderíades descargala e manipular estas imaxes xogando coa actualidade. Só é unha idea entre as moitas coas que poderíades traballar con este material de primeira. Teño na casa o film en DVD se alguén ten interés. Que vos preste, e boa viaxe no tempo..



3 comentarios:

  1. Estiven vendo anacos da película xa que vela enteira parecíame demasiado tostón. Aínda así creo que poido apreciar a cantidade de traballo que se tivo que invertir nela xa que nos tempos que corrían filmar películas non era o habitual, por iso este traballo pareceme interesante.

    ResponderEliminar
  2. Ben sei que é dura vela "a pelo",mais do que se trataba era que localizarades algúns planos ou simplemente o que sae do Ferrol: https://www.youtube.com/watch?v=whpb6TSxc8A ,por si vos facía cavilar algo sobre o paso do tempo...Graciñas polo comentario

    ResponderEliminar
  3. Vaia! Pareceume incrible a imaxe das ruas daqueles tempos comparadas coas de hoxe,xa que aínda sendo moito mais simples dan unha sensacion de liberdade e non sei porqué , de limpeza ou algo parecido, e sobre todo a imaxe tan humilde da xente que sae , xa sexa lavando aos nenos xunto con otros rapaces ou lavando a roupa nas rías etc. Está ben que se garden algunhas imaxes coma estas! Estaría ben que tivera sonido

    ResponderEliminar