15 oct 2014

Outra desfeita da "Galicia bonita"

Xa avanzamos algo sobre o desleixo dos galegos polo seu patrimonio. Os campos do Megalitismo son paisaxe en estado puro. Son o noso territorio mais mítico, as nosas "carreteras" e GPS da antiguidade remota, os nosos santuarios e necrópolis, as nosas referenzas e alicerces de hai 5.000 anos.  Aquí tedes outro exemplo mais de destrucción da "Galicia bonita", nun lugar que podería seren unha atración turístico-cultural de primeiro nivel, mesmo internacionalmente: Das pedras tamén se come, e senon que llelo pregunten aos vecinos de Carnac ou Stonehenge.   
Aquí tedes a nova de hoxe: O parque  do megalitismo do Barbanza amenazado.

E si vos interesa esta etapa mítica da Galicia non deixedes de ver este extraordinario video persoal de Manolo Gago: "Viaxe á illa dos mortos". 

4 comentarios:

  1. Impresionante, non sabia da existencia deste lugar.

    ResponderEliminar
  2. E moi bonito non sabia a existencia de isto! Novos lugares !

    ResponderEliminar
  3. E moi bonito non sabia a existencia de isto! Novos lugares !

    ResponderEliminar
  4. Como todos nós eu non tiña nin idea da existencia deste lugar. O que temos en Galicia e o pouco que o aproveitamos

    ResponderEliminar