1 oct 2014

A mirada de Tizón

Como tod@s sabedes, o vernes visítanos o grandísimo fotógrafo Gabriel Tizón. 
Non é preciso lembrarvos a súa extraordinaria traxectoria como observador da realidade, tanto galega como internacional. Os interesados tedes na súa completísima web a información que acredita unha vida detrás do obxectivo fotográfico. Gabriel ven a falarnos da "mirada necesaria" para que descubramos no mundo que nos rodea non só a beleza e a poesía, senon tamén a mentira, a inxustiza e a desigualdade de tantos homes e mulleres do planeta.

Web de Gabriel Tizon
Facebook de Gabriel Tizón


1 comentario:

  1. Pareceume un gran fotografo e unha gran persoa, moi humilde que é complicado nestes tempos

    ResponderEliminar