9 oct 2014

Tempo

Galicia é sobre todo.... tempo. Así o pensa o creador Manuel Valcarcel, enxergado nun fascinante proxecto visual, que responde exactamente aos obxectivos do noso tema deste mes. Sabedes onde queda O Courel? (a 15 km de onde nacín eu). Botádelle un ollo a este teaser promocional de 2 minutos, que ten unha pintaza.....O resultado final será un extraordinario documental de 60 minutos. Este é o punto de partida: "Hai 340 millóns de anos, no Courel, aconteceu algo extraordinario: da grande colisión de dúas placas continentais, naceu Galicia. Hoxe, esta paisaxe única, cun patrimonio cultural e xeolóxico de interese mundial, vese ameazada: Abandono, megaminaría e espolio forestal devastan este ecosistema".
Como podredes apreciar sobran as palabras..  Pódense escribir entradas só con imaxes...sen cortapegar palabras alleas.

4 comentarios:

  1. A verdade e que o video de esta entrada paréceme, canto menos, conmovedor. Ver toda a beleza natural, e sobre todo real. ser destruída tan rapidamente e saber que isto só é o principio

    ResponderEliminar
  2. Vendo este video solo podo recordar unhas palabras de Quevedo: "poderoso caballero es don dinero". Esta claro que a explotacion forestal, a megamineria e todas estas actividades realizanse pola suma de beneficios e diñeiro que dan. E o diñeiro non entende da variedade dun ecosistema, da beleza dunha montaña rasgada por unha fervenza.... A cruda realidade

    ResponderEliminar
  3. todas as fotos do video son do courel?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. todas son do Courel, un dos espazos mais fermosos e auténticos de Galicia. Si te interesa podes ler ao poeta Uxio novo Neira, o gran poeta do Courel.

      Eliminar