17 oct 2014

Mollámonos polo río

Como pezas dun xigantesco puzle, gran parte do territorio galego está en perigro por diferentes ameazas, como estades a reflectir aos poucos nos vosos blogs. Se continúa este proceso de deterioro paisaxístico, patrimonial, urbanístico ou medioambiental, non sei qué Galicia  poderedes amosarlle aos vosos fillos. O exemplo de hoxe lévanos a Sarria (Lugo). Os seus case 15 000 habitantes acostumáronse a pasear por un tradicional bosque de ribeira, as beiras do rio Sarria que pasa polo medio da vila.
Sen embargo, un proxecto oficial para acanalar o río pretende talar 180 arbores (o que vai de Sarria bonita a Sarria horribel). Mais neste caso os veciños orgaizáronse e estan a loitar por defender o seu bosque. Sairon en numeroso telexornais encadeados aos arbores. Podes ver na web Plataforma sarriana polo río  o desenvolvemento do conflito. As espadas ainda estan en alto....e calquera cousa pode pasar. Acabarán as motoserras coa vida cos salgueiros e amieiros do río Sarria?
Nesta reportaxe cóntase o problema dende o punto de vista dos veciños...

1 comentario:

  1. Non sei porque pero nunca estamos a tanto destas cousas senón nos afectan directamente. Refírome a nós, os adolescentes. Parece que ten que pasar a nosa beira para protestar da forma que o fixeron estes veciños de Sarria.

    ResponderEliminar