16 ene 2015

O HUMOR É ARTE



A arte é entendido xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, mediante a cal se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como os plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos, reflectindo na súa concepción os substratos económicos e sociais, e a transmisión de ideas e valores, inherentes a calquera cultura humana ao longo do espazo e o tempo . Por iso, hoxe quero falaros do humor.
En Fene está situado na Casa da Cultura , o Museo do Humor é o único do seu xénero en todo o Estado español.
O Museo do Humor de Fene foi fundado en 1984 por Xaquín Marín, quen o dirixe ata a súa xubilación, en outubro de 2008. A idea xorde tras o manifesto en defensa do humor, despois dunha exposición itinerante por Galicia de debuxos Siro e Xaquín Marín.
Nas súas salas poden contemplarse máis de mil orixinais de humoristas gráficos galegos e de todo o mundo (Xaquín Marín, Siro, Torres, Tomé, Chumy Chúmez, Máximo, Vázquez, René de la Nuez, Mort Walker, Fontanarrosa, etc.).
O Museo convoca anualmente os premios Curuxa do Humor nas vertentes gráfica, literaria e fotográfica e organiza, dende o seu nacemento en 1984, as Xornadas do Humor.
Ata a creación do Museo de Fene soamente existía no mundo a Casa do Humor e a Sátira de Gabrovo ( Bulgaria ) sendo o único museo do mundo dedicado ao humor. O museo foi inaugurado o 1 de abril 1972. É a representación do humor local folclórico e as alegres tradicións e carnavais da cidade de Gabrovo: a capital búlgara do humor. Hoxe é un centro cultural internacional que combina perfectamente as características dun museo e dunha galería animada, onde se reúnen exemplos da arte contemporánea cómica e satírico de todo o mundo. O lema do museo é: "O mundo sobreviviu por rir".Os visitantes do museo son recibidos por un guía turístico co saúdo "Bienvenidos e bienmarchados ": un saúdo típico de Gabrovo.
Neste momento despois do acontecido en Paris no semanario satírico Charlie Hebdo de esquerdas fundado en 1992, que tomou o seu nome dunha publicación satírica que existiu entre 1969 e 1981 (primeiro como Hara-kiri e Hara-kiri hebdo). Segundo Charb, director da publicación ata 2015, a súa redacción reflexa a «todos os compoñentes da esquerda plural, mesmo dos abstencionistas». Coas súas publicacións conseguiu a indignación de musulmáns, xudeus e cristiáns por igual. Creo que é importante unha reflexión sobre ata onde chega a liberdade de expresión e información e a liberdade individual, que pode ser ferida pola publicación de textos ou imaxes debendo sempre ter en conta as palabras de Xaquín Marin no ano 1977 dixo: "Os humoristas gráficos dan co seu traballo cotián unha visión crítica e orixinal da realidade que os rodea, polo tanto non poden de ningún xeito ser insensibles ós problemas dun país, que se é rico en algo, é precisamente en carencias"

4 comentarios:

  1. Incrible que hoxe en día pasen cosas coma estas pola simple razón de expresarse un como quera, non hai liberdade de expresión

    ResponderEliminar
  2. pareceme increible que non teñamos liberdade de expresion

    ResponderEliminar
  3. O peor de todo e que estas cousas non me sorprenden, pero certamente e incrible que non teñamos liberdade de expresión

    ResponderEliminar
  4. Ainda que pasen estas cousas deberíase de seguir coa actividade normal xa que prima a liberdade de expresión fronte a todo. Polo que o humor debería de estar separado da relixión , xa que é unha forma de pasatempo e de expresión de opinión persoal.

    ResponderEliminar