29 ene 2015

GALICIA NON SE DEIXA AVASALLAR

Todos nós temos prexuicios, os foráneos pensan que os galegos somos sumisos, dóciles é que cando nos pisan, deixámonos facer, que non loitamos, que somos palurdos .

Ao longo dalgúns exemplos vou pretender desmontar todos esas ideas mesquiñas.



Xa no século XV formouse A Irmandade Fusquenlla nas terras do señor de Andrade, pola extrema dureza coa que Nuno Freire de Andrade, ou Mao, trataba os seus vasalos. A revolta iniciouse nas bisbarras de Pontedeume e Betanzos e expandiuse a Lugo e Mondoñedo e mesmo a Santiago de Compostela. No mesmo tempo xurdiron Os Irrmandiños contarían cuns 80.000 efectivos. Na organización e dirección da guerra irmandiña participaron varios grupos sociais: campesiños, xentes de cidades, baixa nobreza, fidalguía e mesmo membros do clero (varios membros da estrutura eclesiástica apoiaron economicamente os irmandiños). Os xefes do movemento pertencían á baixa nobreza (fidalgos). O auxe do movemento irmandiño foi posible pola existencia dunha mentalidade xusticeira e antiseñorial da sociedade galega, que rexeitaba as inxustizas cometidas polos señores, considerados popularmente como uns "malhechores".
Os inimigos dos irmandiños foron fundamentalmente nobres laicos, donos de castelos e fortalezas e encomenderos das principais igrexas e mosteiros. Os irmandiños destruíron ao redor de 130 castelos e fortalezas durante os dous anos da guerra irmandiña .

Na invasión Napoleónica Galicia mantívose libre das tropas francesas, xa que cando o mariscal Ney ocupou Galicia tras a batalla de Elviña e logo xirou ao sur para atacar Portugal dende o norte. Non obstante, a resistencia popular, apoiada polas subministracións de armas da frota británica, fixo imposible a pacificación de Galicia, que tivo que ser evacuada tras a derrota de Ney na batalla de Puentesampayo (xuño de 1809). A sublevación popular, dirixida polo capitán Cachamuíña en Vigo, supuxo que esta fose a primeira praza reconquistada aos franceses en Europa (28 de marzo de 1809). Galicia e Valencia permaneceron libres de tropas francesas, aínda que Valencia rematou capitulando en xaneiro de 1812.

No seculo XIX moita xente tivo que emigrar, a outras partes do estado e moitos fora de España a paises de ultramar. A finais do século XIX Rosalia fai mención do maltrato que sufrían os galegos cando ían traballar a Castela "         
                                                        Castellanos de Castilla,
                                                           tratade ben ós galegos;
                                                           cando van, van como rosas;
                                                          cando vén, vén como negros.
                                                             Cando foi, iba sorrindo 
                                                        cando ven, viña morrendo;
                                                         a luciña dos meus ollos,

                                                         o amantiño do meu peito

Xunto con outros autores relatan a dura vida do emigrante, que abandonaba o seu mundo para enfrontarse a viaxes, moitas veces, sen retorno para poder darlle sustento á familia que aqui deixaban . E de sumisos é cobardes deixar o que conoces para ir lonxe sabendo que non vas ser respetado, é que a tua vida vale un xornal?



Na primeira época do franquismo no sector do rural galego fronte ao modelo económico intervencionista da primeria época franquista , xurde A revolta da fame na primaveira do ano 1946 en Savinao un grupo de campesiñas se incautan do pan e levan a cabo unha protesta , intentando conseguir un precio xusto , en contra do intervencionismo, a corrupción e o estraperlo , formas habituais do réximen .

Nos anos 70 o pobo das Encrobras levantouse defendendo as súas terras e as súas casas Fenosa levou a cabo expropiacións para poder explotar a mina de carbón para abastecer a Central térmica de Meirama .Non debemos esquencer outras revoltas que tiveron que facer os galegos para deixar oir a súa voz de protesta ante situacións de manifesta inxusticia asi aquelas que tiveron lugar nos Estaleiros de Vigo e Ferrol, na última época do franquismo e tamén na democracia. Ninguén esquence cando rompeu a Ponte das Pias, a xente saíu a defender unha boa comunicación para Ferrol.

Pero que visión pode ser a dos foráneos , cando na RAE seguen a manter como entrada en"gallego" : En Costa Rica : " tonto", no El Salvador : " tartamudo"?

Ao longo de esta reflexión quero decir ben forte: Non somos tontos, non somos sumisos.Somos loitadores e temos voz como dixo Pondal en " Os Pinos" e quedou como letra do noso himno , debendo enchernos de orgullo.

3 comentarios:

  1. hai que loitar sen lugar a dúbidas!

    ResponderEliminar
  2. O camiño da loita é o único co que se pode conseguir algo, mentres que se non facemos nada as cousas seguirán coma sempre.

    ResponderEliminar