Ghaleghos, un vídeo ideado por unha rapaza de só 19
anos que, coa complicidade de tres amigos está revolucionando a Rede. En
só dous minutos, estes catro mozos imparten unha lección sobre a
defensa da lingua, amosándose orgullosos de falar o galego que mamaron,
con gheada e seseo incluídos, e reivindicando poder seguir empregándoo
con total liberdade, sen seren obxecto de críticas.O vídeo e un traballo de Noelia Gómez Calo para as clases de galego de Xornalismo, carreira que estuda na USC (en 1º). Xa vedes, algo simple. 2 minutos. 4 mozos en plano medio. Sinxeleza total, mais frescura e resultado espectacular: en 7 días 61.000 visitas en youtube e perto de 200.000 en facebok. E supoño que o profe daríalle polo menos un 10. É un exemplo perfecto para "inspirarvos".
Boa fin de semana.
pareceme un gran exemplo, e que a mocidade loite polo seu idioma o galego!
ResponderEliminarCando comecei a ver o video, despois de ler a entrada no sei porque non me imaxinaba algo así, imaxinabame algo máis elaborado pero non pensei que sendo tan sinxelo podería chegarme ao corazón. Gran traballo
ResponderEliminarGustoume moito o video, nunca pensara que un adolescente de 19 ano poderia ter unha idea así, gustoume moito é chegoume ao meu corazón, ainda que cando empezou pensei que non poderia nin emocionarme
ResponderEliminarÉ un moi bo exemplo para inspirarnos, e ter un modelo a seguir
ResponderEliminarMoi bo video, penso que ninguén debe de burlarse porque unha persoa teña xeada o seseo
ResponderEliminar